Prisma

Unha lente para enfocar a igualdade

a través do prisma da igualdade

Prisma somos dúas expertas en xénero que pomos o noso coñecemento, experiencia e paixón ao servizo dun propósito: achegar a igualdade a persoas e organizacións.

Acompañamos e facemos doado este camiño para construír contornas máis xustas e igualitarias.

Súmate a ollar dende o noso prisma!

Consultoría

Traballamos en equipo contigo para conseguir a integración da igualdade de forma transversal na túa entidade e nos teus proxectos.

Formación

Achegámosche a igualdade a través da formación; desenvolvemos métodos propios que fomentan a aplicación práctica e a reflexión.

Laboratorio

Un espazo de experimentación no que lanzamos proxectos cos que probamos formatos e metodoloxías innovadoras.

Que podes agardar de nós?

Paixón

Transmitimos ilusión porque a igualdade é máis que unha profesión para nós, é a nosa forma de vida.

Profesionalidade

Falamos dende a base académica e empregamos un ton próximo porque o importante é demostrar que a igualdade é para todas as persoas.

Compromiso

Vivimos comprometidas co que facemos porque cremos no poder transformador do noso prisma.

confían en nós