¡Volve o noso Curso de Teoría Feminista! 

Tempo de lectura: 3 minutos

¡Volve o noso Curso de Teoría Feminista!

Estamos moi felices con este notición, e é que a acollida tan bonita que lle destes a anteriores edicións fixo que o noso Curso de introdución á teoría crítica feminista teña unha quinta edición. A partir do 20 de febreiro comezamos na Casa das Mulleres de Vigo esta actividade. Aínda estás a tempo de apuntarte así que deixámoste por aquí o enlace á ficha de inscrición, só tes que enviala a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

Para ir abrindo boca…

Para ir abrindo boca estaremos no Ateneo de Vigo o martes 30 de xaneiro nunha actividade titulada “Daquelas loitas, estes dereitos 2”. Esta vez abordaremos autoras feministas decoloniais, poscoloniais e posmodernas. E para ir abrindo apetito deixamos 5 libros para que vos vaian soando estas autoras.

Breve diccionario de feminismo de Rosa Cobo e Beatriz Ranea (Eds.)

Xa sabedes que, como di Celia Amorós, se conceptualizamos mal, politizamos mal. Para esta tarefa de conceptualizar nosa primeira recomendación é leste libro coral editado por Rosa Cobo e Beatriz Ranea. Un dicionario que dá conta, a través da contribución de numerosas autoras, do rico marco conceptual feminista. Xa nos gustaría que os escritorios do ámbito académico, político e dos medios de comunicación estivesen asolagados de dicionarios como este. Con demasiada frecuencia esquecen o moito que achega a teoría crítica feminista como ferramenta transformadora e pensamento crítico. Pero aquí estamos nosotras para recordarlo todo el tiempo.

Os diarios do cáncer de Audre Lorde

Audre Lorde merece seu propio post, e o terá. De momento, contámosche que ela foi unha poeta extraordinaria, muller, negra, feminista, nai, lesbiana, amante e guerreira. Unha referenta que nos deixou como legado esta invitación ao auto-coidado. Os diarios do cáncer foi publicado por primeira vez no ano 1981, orixinalmente en inglés. Audre Lorde morreu de cancro aos 58 anos, pero antes de morrer renaceu nun novo nome elixido. «Gamba Adisa» significa «Guerreira: a que se fai comprender». Para todas as guerreiras que nos ledes, aquí vai a nosa recomendación.

Feminismos negros, unha antoloxía de Mercedes Jabardo (ed.)

As voces de Sojourney Truth, Ida Wells, Patricia Hil Collins, Angela Davis e outros grandes nomes, están reunidas nesta antoloxía: Feminismos negros. Un libro que nos fai sentir que non coñecemos case nada deles, sobre todo, porque así é. A intersección entre racismo e sexismo que tan ben coñecen as mulleres negras pode achegarnos unha aprendizaxe inmensa. ¿O comentamos mentres soa de fondo Bessie Smith?

La frontera de Gloria Anzaldúa

En castelán, inglés e náhuatl, mexicano norteño, tex-mex, chicano e pachuco, Gloria Anzaldúa escribe esta obra interesantísima. Un texto mestizo que transita o ensaio, a poesía e a autobiografía para ensinarnos quen é a Nova Mestiza. Un libro fundamental para ter a mirada interseccional da que nos gusta presumir.

Mulleres, raza e clase de Angela Davis

Para acabar, Angela Davis convídanos neste clásico para mirar cara atrás, a recuperar a historia oculta e silenciada. E incentívanos, sobre todo, á loita cara adiante. O neoliberalismo actual non se entende sen o racismo e o patriarcado a escala mundial. Talvez sexan as alianzas entre as distintas loitas as que nos salven. Que opinades?

Feliz lectura!

Se ledes algunhas das nosas suxestións ou se tedes algun libro que non podamos perdernos, escribídenos. Somos todo oídos! Mentres tanto, vémonos nas bibliotecas e nas librerías dos nosos barrios.

Apertas prismáticas!

Pode que te interese...

Culpa miña

Culpa miña Fai unhas semanas a periodista Carla B. Mañas contactou conmigo

Suscríbete á nosa newsletter para estar ao día das novidades prismáticas!