No feminismo non hai relevo 

Tempo de lectura: 2 minutos

No feminismo non hai relevo

«No feminismo non hai relevo» é o título dun artículo de opinión publicado en El Faro de Vigo en galego. ¡Oxalá vos guste!

Non hai relevo no feminismo (para Faro de Vigo)

Volvo dunha xornada de formación e na véspera do 8M leo na prensa que por primeira vez descende o número de mulleres novas que se declaran feministas. Soan as alarmas dentro do feminismo, non é para menos. A maioría de nós loitamos por un futuro que case seguro non gozaremos. Loitamos por elas, polas do futuro, coa ilusión de que cada xeración de mulleres sexa máis libre que a anterior.. Hai algo máis descorazonador que sentir que o noso legado non vai ser recollido polas seguintes?

Viaxo coa memoria ao pasado e lembro que o meu eu preadolescente non se consideraba feminista. Nin machismo, nin feminismo, igualdade. Non era consciente nin das desigualdades que eu mesma encarnaba.. Tivo que vir unha profe do instituto a prestarme unhas gafas lilas, ou a quitarme a venda, para sortear a miopia machista que me impedía ver a realidade como era. Dende aquela devolvo o favor facendo pedagoxía, aula a aula, conversa a conversa, café a café. Recollo coma ben podo o legado herdado, dende Beauvoir a Angela Davis, de Olympe de Gouges a Celia Amorós.. O pasado ensínanos que cíclicamente cada avance feminista é seguido dunha resposta patriarcal feroz. Onda a onda, diante e atrás, somos marea violeta imparable. Cada revolta un pasiño máis preto da ansiada igualdade.

A semana pasada, na procura de respostas, pregunteille a unha nena de 14 anos onde atopaba a forza para loitar a diario coa resposta patriarcal dos seus compañeiros de clase. Díxome que na lectura. Pregunteille se algunha autora en particular. Nomeoume aMary Wollstonecraft, unha feminista do século XVIII. Quedeime abraiada. Entendin de súpeto todo. No feminismo non hai relevo. Xunto a esta lectora de 14 anos marchamos as que rachamos as gorxas berrando contra a manada. E ben xuntiñas ao noso carón as mulleres do tren da liberdade e a bisavoa que a dictadura franquista non puido parar. Está moi claro. No feminismo non hai relevo. Non o hai porque aquí, na nosa loita, ningunha de nós abandona.

Grazas por lernos!

Oxalá che gustara. Se é así che animamos a compartilo e a comentarnos por redes as túas impresións. Grazas por dedicarnos o teu tempo.

Apertas prismáticas!

Pode que te interese...

Culpa miña

Culpa miña Fai unhas semanas a periodista Carla B. Mañas contactou conmigo

Suscríbete á nosa newsletter para estar ao día das novidades prismáticas!