Cristina Louzán García

Cristina Louzán García

Co-fundadora | Responsable de Consultoría

Sempre me preocuparon as causas sociais e ambientais. Inicialmente, formeime como oceanógrafa na Universidade de Vigo e, crendo no cambio do sector empresarial, fixen un máster en xestión do desenvolvemento sostible.. Máis tarde achegueime á miña faceta social obtendo un posgrao de axente de igualdade de oportunidades especializada en igualdade en empresas, marco normativo e teoría feminista. Actualmente, curso humanidades na Universitat Oberta de Catalunya, que me dá unha visión global da cultura e da sociedade.

Traballei durante cinco años en consultoría estratéxica aplicada á sustentabilidade e á responsabilidade social corporativa. Foi unha das miñas experiencias máis enriquecedoras, onde xestionei proxectos co sector privado, entidades públicas e diferentes organizacións. Aprendín a moverme en ambientes internacionais, identificando necesidades e desafíos para deseñar solucións adaptadas.

En 2022 embarqueime na emocionante aventura de cofundar Prisma, onde poño a miña experiencia ao servizo dunha finalidade: contribuír á integración da igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade. A consultoría paréceme o mellor complemento da formación para acompañar a persoas, profesionais e entidades nesa visión.