

Priscila Retamozo Ramos
Co-fundadora | Responsable de proxectos formativos
Nacida en Arxentina, vivo desde os dez anos en Galicia, onde cursei os meus estudos en Ciencias Políticas e que continuei co Mestrado en Igualdade de Xénero. Dende aqueles anos estiven implicada na coordinación do proxecto coeducativo “Comando Igualdade” sobre o que coescribín dous libros («Comando Igualdade» e «A revolución feminista nas aulas») xunto co referente Chis Oliveira. O meu desexo de contribuír levoume a ser a directora de contidos e presentadora do programa «Histérikas Histórikas», que recibiu o premio Youtubeiras Revelación en 2022.
Teño unha recoñecida e consolidada traxectoria en igualdade de xénero que comezou en ONU Mulleres Ecuador, onde fun asistente técnica da Área de Erradicación da Violencia contra a Muller durante un ano. Alí traballei de xeito interdisciplinar en relación coas áreas de cambio climático e comunicación.
Dende fai anos imparto ponencias e formacións relacionadas coa transversalización da perspectiva de xénero, políticas públicas, teoría feminista, violencia virtual, coeducación, prevención da violencia de xénero, entre outras, dirixidas a infancia, adolescencia e persoas adultas. Encárgome do deseño, docencia e avaliación Xestiono proxectos para empresas, organismos e entidades públicas a quen asesoro no deseño e cumprimento dos seus protocolos de prevención do acoso e plans de igualdade.
Pola miña traxectoria fun premiada en 2022 co Premio Emilia Pardo Bazán no País das Rías na categoría Feminismo.
- Curso de Teoría Crítica Feminista (Concello de Vigo)
- Máis Coidados menos patriarcado (Xaruma)
- Construindo igualdade de Xénero (Xaruma)
- Violencia machista en contornas virtuais. (FOANPAS)
- Ciberactivismo na rede. (Escola de Apoderamento do Concello de A Coruña)
- Canteira da Igualdade (Escola Maria Vinyals, Deputación de Pontevedra)
- Coeducación. Desaprender na aula. Curso virtual (Creando Educación Social)
- A pornografía, escola da desigualdade. (II Encontro Nacional de Políticas Públicas. Escola de Igualdade María Vinyals.)
- Urbanismo feminista, cidades coidadoras. (Ciclo Igualdade da UVigo)
- Canteira da Igualdade. A mocidade e as crianzas como axentes de cambio nas aulas. (VI Foro de Educación. Faro Educa do Faro de Vigo)
- Cosificación nos tempos do instagram. (Ateneo Atlántico)
- O impacto das iniciativas coeducativas innovadoras: O Comando Igualdade. (CIM Ponteareas)
- Por(NO) Coeducar. (Xornada SOGASEX sobre Perspectivas Contemporáneas sobre a Violencia Sexual)
- Ser real ou ser esa rapaza? (Festival “E o gordo armouse” da cooperativa Outro Conto)