¡Ola! Prisma despega 

Tempo de lectura: 3 minutos
Prisma despega- Cristina y Priscila

Prisma despega!

¡Ola! Esta é a mellor palabra para lanzar a sección do noso blog «novidades prismáticas». Pero é que non só estreamos sección, senón que tamén anunciamos publicamente o lanzamento de Prisma! E agora contámosvos en detalle de que se trata este proxecto que xa ten web propia, identidade propia, mesmo personalidade propia e que levamos cociñando varios meses a lume lento e con moito agarimo. Somos conscientes de que levamos tempo ameazando con este momento e por fin chegou!

Somos Priscila e Cristina, dúas mulleres cuxos camiños se atoparon fai uns aniños e que compartimos valores e intereses (agora tamén compartimos Prisma, é dicir, o presente e o futuro).

Nosoutras

Presentámonos a unha á outra, para que a síndrome da impostora non nos xogue malas pasadas:

| Priscila é forza, xenerosidade e pensamento crítico e, ademais, é unha politóloga experta en xénero. Ten un coñecemento amplo e profundo de calquera recuncho da teoría feminista, de contextos sociopolíticos e tamén posúe unha gran capacidade divulgativa e pedagóxica. Consegue (e boa falta que fai) achegar as temáticas de igualdade aos públicos máis complexos, e tamén á adolescencia e infancia, sabendo adaptar as mensaxes á perfección.

| Cristina é profesionalidade, empatía e curiosidade. É a mellor compañeira para esta viaxe. Non só pola súa traxectoria en consultoría estratéxica a nivel nacional e internacional, senón tamén pola súa paixón polo feminismo como ferramenta de transformación. Ten unha visión pragmática e un gran sentido do coidado e a xustiza que converten en éxito asegurado as iniciativas que toca. É unha persoa admirable, pola súa forma de entender o traballo e o compañeirismo.

Contamos con perfís técnicos moi especializados que nos permiten abarcar diversos ámbitos; desde a coeducación, pasando polo sector laboral, ata a sustentabilidade. Cremos na riqueza dos equipos multidisciplinares.

Prisma

E, sen máis rodeos, presentámosvos a Prisma: trátase do noso proxecto profesional, baixo o que traballamos para lograr integrar a igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade (nada menos). Para iso, acompañamos ás entidades públicas e privadas, a profesionais e ás persoas mediante formacións e tamén mediante a posta en marcha de proxectos a medida e necesarios.

Prisma nace con vocación de ser parte do equipo das entidades, co fin de promover que poidan cumprir os seus obxectivos (tamén a definilos) en materia de igualdade. Poñemos especial coidado e mimo en como transmitimos as nosas mensaxes e coñecemento, pois sabemos que implantar medidas de igualdade en calquera sector e contorna é beneficioso para todas as persoas (así de seguras estamos), e non queremos que nada se perda no camiño.

Por iso tamén una das nosas paixóns é realizar cursos e charlas, onde podemos transmitir aquilo que cremos pode ser útil e de interese en cada momento e para cada audiencia.

Sigamos en contacto!

Nosa alma naturalmente inquieta lévanos a manternos sempre en movemento! e no medio do meollo, por iso convidámosche a que sigas con atención os nosos seguintes pasos e mantéñasche ao tanto da actualidade (a nosa e a do mundo – tamén é importante) subscribíndoche á newsletter e seguíndonos en redes, por suposto!

Pode que te interese...

Culpa miña

Culpa miña Fai unhas semanas a periodista Carla B. Mañas contactou conmigo

Suscríbete á nosa newsletter para estar ao día das novidades prismáticas!