Novo boletín feminista Prisma: caderno de pasatempos de agasallo
En Prisma lanzamos unha nova ferramenta de comunicación: o boletín feminista Prisma, un espazo pensado para compartir ideas, propostas e recursos feministas cunha comunidade cada vez máis amplia. Xa somos máis de 150 persoas suscritas, e seguimos medrando.
Con esta nova canle canal queremos reforzar o noso compromiso coa divulgación feminista e o cuidado colectivo. O boletín feminista Prisma está aloxado na plataforma Substack, e permítenos chegar directamente ao teu correo con reflexións, recursos, novidades, actividades e propostas transformadoras.
A diferencia deste blog, que seguirá activo como espazo técnico-profesional, o boletín ten un enfoque máis cercano e comunitario. Volvemos coa mesma esencia que na nosa antiga newsletter, pero renovadas, con máis ideas e máis ganas de compartir.
Para celebrar este relanzamento, todas as persoas suscritas durante este verán (o ampliamos ata setembro polo gran apoio recibido) recibirán gratuitamente en PDF o noso primeiro caderno de pasatempos feministas: unha publicación lúdica con crucigramas, sopas de letras, retos e propostas para pensar e divertirse con perspectiva de xénero.
👉 Fai clic aquí para suscribirte ao boletín feminista Prisma e recibir o caderno no teu correo electrónico.
Este blog continuará como un espazo complementario, máis enfocado ao sector profesional. Aquí atoparás análises normativos, novidades do sector, recursos técnicos e boas prácticas dirixidas a empresas, centros educativos, administracións e outras entidades interesadas en incorporar a perspectiva de xénero no seu día a día. Convidámoste tamén a visitar a nosa sección de servizos.
Se queres estar ao tanto de todo lo que compartimos, formar parte dunha comunidade feminista activa e acceder a contidos exclusivos, o boletín feminista Prisma é o teu espazo. E, coma sempre, se che gusta o que facemos, ¡compárteo!
Grazas por acompañarnos nesta nova etapa. Lémonos axiña!



