#Acabouse, campaña local do 25N 

As campañas creativas poden ser iniciativas transformadoras; semente para o cambio social que, mediante mensaxes ou imaxes, potencien a reflexión e, incluso, un cambio de actitude. Por isto, poden ser unhas grandes aliadas do traballo en igualdade.

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres – 25 de novembro, participamos no asesoramento con perspectiva de xénero na campaña promovida polo Concello de Arzúa (A Coruña) que levou a cabo a axencia de creatividade transformadora As Peaky Branders.

COMO É O PROCESO DE ASESORAMENTO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO A CAMPAÑAS?

  1. Coñecer as características da campaña: motivación, temática concreta que pretende abordar, casuísticas a ter en conta, público ao que se dirixe e resultado esperado.
  2. Analizar o briefing elaborado polas profesionais creativas. Trátase dun documento que contén as ideas e primeras creatividades sobre as que se dará forma e foco á campaña.
  3. Orientar e recopilar as recomendacións desde a perspectiva de xénero para asegurar a correcta definición do foco e das mensaxes.
  4. Acompañar ao longo de todo o proceso de creación ata obter as artes finais.

Esta campaña pretendía sensibilizar e chamar á acción á cidadanía, facilitando a identificación de diferentes formas de violencia machista. Algúns dos puntos a ter en conta foron que:

  • A campaña amose manifestacións da violencia máis sutís;
  • Se focalice na resposta ás violencias, non nas vítimas.
  • Non trate a violencia de xénero como un problema de mulleres senón como un problema da sociedade.
  • Se reforce a idea de que a violencia de xénero pódese combater cambiando o relato.
  • Asegure unha comunicación que evite ao máximo a activación de relatos de defensa.
  • Visibilice que hai unha saída colectiva á violencia de xénero.

As Peaky Branders idearon así unha campaña baixo o hashtag #Acabouse en relación da reacción da sociedade ao acontecemento machista protagonizado polo agora expresidente da Real Federación Española de Fútbol ese mesmo ano. A campaña presentou fragmentos e citas de diferentes historias de ficción moi coñecidas que buscan por de relieve a cotidianidade na que se ocultan as violencias machistas. Ademais, cada unha das pezas pecha cunha explicación do tipo de violencia machista reflexada, que axuda a poñerlle nome e identificala, e cunha reivindicación para “poñerlle fin tódolos días”.

Unha campaña viva

Co fin de conseguir unha campaña interactiva e propositiva coa cidadanía de Arzúa, desde Prisma deseñamos unha serie de dinámicas que o Concello proporcionou aos centros educativos do municipio xunto co material da campaña. Alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria, así como de secundaria, puideron ser parte activa da campaña con motivo do 25N, reescribindo historias coñecidas (de series, películas ou debuxos) para construir o seu propio relato libre de violencias machistas.

Sigamos en contacto!

Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a consultoría. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Arquipélago da Igualdade

Histérikas Histórikas

Histérikas Histórikas

Machismo Game Over

Machismo Game Over