O Arquipélago da Igualdade é un proxecto de formación onde a través da metáfora do arquipélago acompañamos a alumnado a visitar unha illa. Cada ciclo traballa distintos contidos conectados, como ocorre nos arquipélagos.
Isla de la tierra o «Isla libre de estereotipos»
A Illa da terra, a primeira illa do arquipélago da igualdade, é un scaperoom. Nenas e nenos axudan alí aos seus habitantes para liberarse dos gardiáns dos estereotipos.
Para conseguilo teñen que traballar en grupos ata conseguir os cinco minerais máxicos, exclusivos da illa, a través de probas nas que reflexionan sobre as cores, as profesións ou os xoguetes. Adestrando a mirada crítica e a súa capacidade para construír alternativas igualitarias conseguirán que a Illa da Terra volva ser a «Illa libre de estereotipos».
Habitualmente esta actividade está dirixida a primeiro ciclo de primaria.
Isla del agua o “Yincana corresponsable”
A illa da auga, segunda illa do arquipélago da igualdade, consiste nunha serie de probas lúdico-educativas onde revisamos os estereotipos e roles de xénero desde un prisma coeducativo e igualitario, aterrando conceptos no ámbito da corresponsabilidade.
A clase afrontará catro probas que representan un día calquera das familias da illa da auga, aproveitando para visibilizar a diversidade das persoas e as familias. Cada familia deberá colaborar para realizar as tarefas indicadas. Coidar e cambiar a un bebé, facer unha pizza para uns aniversarios, poñer a mesa e cear en familia e preparar a mochila para un día de cole. As probas contemplan a serie de «dificultades» que serven para visibilizar a magnitude das tarefas de coidados.
Habitualmente esta actividade está dirixida a segundo ciclo de primaria.
Isla del fuego o «Isla de las preguntas»
Na illa do lume, terceira illa do arquipélago da igualdade, tamén chamada Isla das preguntas, creamos un espazo seguro ao redor do lume. Baixo a súa protección reflexionamos sobre conceptos como as relacións e os vínculos amorosos e non amorosos, a prevención do abuso sexual infantil, o autoestima ou os límites. Todo o contido é adaptado á idade e a madurez do alumnado.
A proba para superar na illa de lume consiste nun trivial de preguntas relacionadas cos temas tratados durante a sesión.
Habitualmente esta actividade está dirixida a terceiro ciclo de primaria.
Desaprender para coeducar
Xunto á formación do alumnado propoñemos esta formación dirixida ás familias. O obxectivo con esta actividade é informar das accións desenvolvidas nos distintos ciclos. Tamén compartir observacións sobre as sesións e proporcionar recursos e ferramentas ás familias, para continuar a aprendizaxe co alumnado.
¡Sigamos en contacto!
Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!