Canteira de Igualdade 

O Curso Canteira de Igualdade é un proxecto pioneiro lanzado desde a Deputación de Pontevedra. Esta formación de 50 horas está dirixida expresamente á mocidade da provincia de Pontevedra. Busca sementar espírito crítico e conciencia democrática cunha metodoloxía participativa. Trátase de interpelar a mozos para que sexan protagonistas da súa propia aprendizaxe. A través deste curso desenvolven a capacidade de ver como o machismo impregna as nosas vidas de moitas maneiras, á vez que lles proporcionamos ferramentas de análises e referentes que dean conta de realidades máis plurais, diversas e igualitarias.

Docentes

O equipo docente está formado por expertas de primeiro nivel, cada unha a cargo dunha sesión formativa, para poder brindar unha aprendizaxe integral. O deseño do curso parte da experiencia dun equipo multidisciplinar formada por mulleres con longa e recoñecida traxectoria no ámbito académico e activista. Amada Traba Díaz, Luisa Abad Abad, Chis Oliveira Malvar e Priscila Retamozo Ramos forman parte do equipo docente permanente e cada edición nútrese ademais de expertas en distintas disciplinas con publicacións e traballo contrastado nalgunhas das temáticas propostas.

Contidos

Os contidos deste curso están pensados para a xeración z. Por iso, incide en novos retos como a loita contra o machismo en redes sociais e o mundo virtual. Tamén presta especial atención ás relacións afectivas, íntimas, acosadas por perigos tan presentes como a cultura da violación, a pornografía ou a prostitución.

A nosa proposta de contidos abarca distintas temáticas de actualidade para a mocidade:

  • Introdución ao marco conceptual da igualdade. Nas dúas primeiras sesións introdúcense conceptos tales como xénero, patriarcado, androcentrismo, sexismo, machismo, feminismo, violencias machistas ou linguaxe non sexista.
  • Nin barbies, nin malotes. Neste módulo abordamos a socialización diferencial por xénero e a construción de estereotipos. Estudamos o modelo feminino hexemónico (a lei do agrado, a ética do coidado, a dependencia e a submisión e os custos deste modelo tradicional). Tamén nos ocupamos do modelo de masculinidade hexemónica e os seus mandatos, custos e alternativas positivas.
  • Divide e vencerás. Esta sesión ocúpaa a división sexual do traballo, as brechas de xénero existentes, a segregación vertical e horizontal. Tamén aprendemos o que significan conceptos como a corresponsabilidade e a carga mental.
  • Sex Education: O corpo e a sexualidade. Este módulo está centrado na sexualidade como campo de batalla para a igualdade. Por iso falamos da tiranía da beleza, dos modelos de sexualidade, o pracer, o desexo, o consentimento e o autocoidado.
  • Historia do feminismo. Nesta sesión facemos un breve repaso ás contribucións teóricas máis importantes do feminismo.
  • Redes sociais. Dado que o curso está dirixido principalmente a poboación adolescente, reservamos unha sesión para falar do uso consciente das redes sociais. Coñecemos os ciberdelitos e reflexionamos sobre os novos modelos de relación e comunicación e o impacto que teñen en mulleres e homes.
  • O lado máis escuro: cultura da violación, pornografía e prostitución. O lado máis escuro: cultura da violación, pornografía e prostitución. A prostitución, a pornografía e a cultura da violación son tres fenómenos que estudamos interrelacionados para darlle resposta aos desafíos que presentan.
  • Paracetamor para benamar. Para terminar cos módulos formativos ocupámonos da construción do amor romántico, os seus mitos, a súa relación coa violencia de xénero e as alternativas desde a igualdade: o amor compañeiro ou a horta do amor.
  • Clausura e exposición grupal. Na última sesión ten lugar a exposición grupal dos traballos prácticos realizados polo alumnado, titorizado durante todo o curso polas docentes. Antes da entrega de diplomas reciben unha avaliación persoal por parte do comité avaliador.

Cronoloxía

O alumnado matriculado reúnese os sábados pola mañá para unha formación específica, con dez módulos, un de presentación de traballos finais e entrega de diplomas, onde se desenvolven os conceptos propostos nos contidos.

As sesións son impartidas por especialistas nas materias para tratar. Consta de 50 horas, 10 de las cuáles son de trabajo individual del alumnado, a través del diseño de un trabajo de fin de curso, que será evaluado en la última sesión del curso.

Canteira de Igualdade ten como punto de partida a experiencia vivida, ao entenderse que o patriarcado atravesa os nosos propios sentires e formas de situarnos no mundo, tanto persoal como colectivamente.

Así, se trabaja tanto desde el plano teórico y conceptual, como desde el plano de la subjetividad, contemplando el espacio más corporal y emocional para facilitar una mejor integración de los aprendizajes.

Sigamos en contacto!

Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Plan de igualdad

Plan de igualdade para unha asociación de innovación

Arquipélago da Igualdade

#Acabouse, campaña local do 25N