Curso de Teoría Crítica Feminista 

O Curso de Teoría Crítica Feminista ofrece unha aprendizaxe motivada, directa e sinxela, aplicada á actualidade do debate feminista. Trasladamos un coñecemento teórico que pretende servir no noso día a día para entender o mundo e as nosas vivencias.

Teoría e debate

Deseñamos este curso,de 15 horas de duración, repartindo as temáticas en 5 módulos. Estes módulos impártense a través de dez sesións de 90 minutos. As sesións divídense en dous: parte teórica e debate.

A parte teórica consta dunha exposición do contido a tratar na sesión. Compartimos definición, contexto e algunhas autoras seleccionadas, das correntes do pensamento feminista. Ao final da sesión abrimos o debate. Nesta parte, construimos colectivamente coñecemento, ligando a experiencia co trasladado na parte teórica. Para facilitar o intercambio entre as participantes, proporciónanse textos de interese e materiais audiovisuais e propomos unha serie de preguntas para fomentar a reflexión.

Dossier dixital

Respondendo ao carácter participativo do curso, cada edición conta cun dossier dixital único. Neste material reflexamos, non só un resumo ou unha profundización dos contenidos, senón tamén os recursos que conxuntamente imos sumando. Deste xeito, hai listas de reprodución para acompañar aos contidos, películas, series, novelas e artigos de actualidade, que se alimentan das recomendaciones do grupo.

Coñecemento interseccional

Moitos dos conceptos que abarca o Curso de Teoría Crítica Feminista están formulados desde marcos occidentais. Non obstante, a pesar de seguir unha cronoloxía europea, introducimos permanentemente outros enfoques. Isto débese a nosa intención de decolonizar e cuestionar a nosa idea de feminismo, sen apropiarnos de narrativas que non nos corresponden. Buscamos un coñecemento interseccional que se nutra tamén da curiosidade e as achegas de quen participan no curso.

Sigamos en contacto!

Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Arquipélago da Igualdade

#Acabouse, campaña local do 25N

Onda ODS

Onda ODS