Un espazo para soltar, pensar e volver a nomear
O Depósito feminista de palabras é un espazo simbólico e participativo no que convidamos a deixar palabras que pesan: aquelas que nos provocan medo, vergoña ou rabia. A través dun sinxelo formulario, cada persoa escribe esas palabras que lle incomodan ou doen, para logo depositalas nunha caixa de transformación.
A cambio, ofrecemos un pequeno agasallo: unha tatuaxe temporal con unha palabra que nos faga sentir ben, como libertade, sororidade ou loita, acompañado de citas feministas que inspiran a mirarnos con outros ollos.
Depósito feminista de palabras: una mesa al aire libre para encontrarnos
Esta actividade se desenvolveu ao aire libre, nunha mesa coidadosamente disposta con libros, flores e materiais de escritura. É un lugar aberto a nenas, nenos e persoas adultas, pensado para deternos, compartir e mirarnos desde outro lugar. Durante a xornada, quen se acchegou ao Depósito feminista de palabras atoparon un espazo seguro para expresarse sen xuízos, celebrar as súas voces e sentirse parte dun tecido colectivo.
Reflexión, cuidado y poder colectivo
O Depósito feminista de palabras (para transformalas) procura ser moito máis que unha dinámica puntual: pretende converterse nun espazo de reflexión, coidado mutuo e construción de poder colectivo. É unha invitación a transformar o que nos doe nalgo que nos faga sentir acompañadas e máis fortes, resignificando as palabras que nos atravesan.
Sigamos en contacto!
Lembra que na nosa área de servicios podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación e accións participativas como esta. Non dubides en escribirnos con cualquera pregunta.
Estaremos encantadas de escoitarte!