Facendo Comandos! é un proxecto de formación en igualdade dirixido á mocidade. Desde 2018 estamos desenvolvendo este programa que permite replicar a experiencia coeducativa do Comando Igualdade en centros de educación secundaria de todo o estado español. A existencia dunha rede cada vez máis extensa de alumnado vinculado a distintas versións do Comando Igualdade permite que hoxe en día incorporemos novos obxectivos. Un deles é a procura de sinerxias e a construción de redes entre persoas que forman parte dos distintos Comandos.
Comando Igualdade, antecedente
Esta proposta apoiase na traxectoria e na experiencia, de máis dunha década, do Comando Igualdade. O Comando Igualdade é un espazo de aprendizaxe colectiva onde a comunicación prodúcese entre iguais, o que repercute na efectividade da mensaxe. A formación se desenvolve de forma presencial. Esta formación ten como obxectivo a acción, formar un grupo de igualdade baseándose no mesmo funcionamiento de educación entre iguais, autoxestión e aprendizaxe colectiva.
Priscila Retamozo é a actual coordinadora externa do Comando Igualdade (dende fai máis de 5 anos) e a persoa a cargo da súa formación continua. Coautora do libro “Comando Igualdade” na editorial CatroVentos e “La revolución feminista en lanas aulas” na editorial Catarata, realiza formacións noutros centros para replicar este proxecto impulsado por Chis Oliveira.
Obradoiros formativos
Naqueles centros onde xa hai unha presencia de grupos de igualdade e apoio LGTBIQ+, este proxecto está dirixido a fortalecer a cohesión de grupo. Proporcionamos ao grupo ferramentas de participación coa finalidade de dar autonomía ao alumnado. Á súa vez ,perséguese que establezan as condicións para unha boa comunicación no grupo. Simultaneamente proporciónaselles un marco conceptual da igualdade de xénero que lles permite avanzar cara á autoformación.
Noutros centros onde non hai previamente grupo de igualdade, trabállase no ámbito da aula. O obxectivo é incentivar ao alumnado para que se formen Comandos, que respondan á metodoloxía de participación horizontal que defendemos.
Finalmente, dada a longa traxectoria de Facendo Comandos!, buscamos tamén que o alumnado coñeza outros Comandos. O obxectivo é construír sinerxias entre eles que permitan o intercambio de información e estratexias co alumnado da mesma idade e coas mesmas inquedanzas.
Os obxectivos, metodoloxía e resultados da formación adáptanse, por tanto, ás necesidades concretas do alumnado de cada centro.
Cronograma
Facendo Comandos! require para a súa su correcta implementación un mínimo de tres sesións, de 100 minutos cada sesión. Non obstante, tal e como comentábamos anteriormente, para adaptarnos a cada situación, invitamos a solicitarnos máis información.
Espazos seguros de participación
A creación de espazos seguros (entendendo seguros como amables, de confianza, de comodidade, de confidencialidade…) esixe coidar cada detalle, investir tempo na planificación, pensar en instrumentos adecuados ás persoas que participan e non persoas a medida das ferramentas. Non podemos perder de vista a eficacia, nin a consecución dos resultados, pero as facilitadoras tamén temos que ter en mente que debemos traballar para dar voz a quen non ten as mesmas facilidades para falar ou expresarse que outras persoas, garantindo unha deliberación agradable.
Formación ao profesorado
Xunto á formación ao alumnado, a miúdo realizamos formacións ao profesorado, que permiten acompañar os procesos dos seus respectivos Comandos Igualdade. Aprender a acompañar en lugar de dirixir, xestionar horizontalmente un grupo de activismo adolescente, é algo que se pode aprender sen axuda externa. Con todo, gózase moito máis e avánzase mellor contando coa experiencia previa de proxectos similares.
Sigamos en contacto!
Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!