Histérikas Histórikas 

Histérikas Histórikas é un programa de videopodcast que achega contidos con perspectiva de xénero á cidadanía dun xeito divertido e ameno. Busca contribuír á construción da igualdade entre mulleres e homes, achegando referentes femininas en diversos campos, visibilizando as súas obras e analizando a actualidade desde un enfoque feminista.

Recentemente recibiu o premio Youtubeiras Revelación “por unha forma fresca de presentar contidos, cunha alta repercusión, cun formato innovador no Youtube Gallego”. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Carballo, Ames, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Prisma colabora achegando a dirección de contidos e a condución do programa xunto a profesionais como Franco Tedesco Martin, cocreador, produtor e director do programa.

Retransmisión por streaming

A retransmisión por streaming na canle de histérikas asegura que os encontros queden gravados de maneira profesional e obteñan repercusión nas redes sociais. En Youtube (ata a data) contamos con 3545 persoas subscritoras, 98% de Galicia e en Instagram 1900 persoas seguidoras. As organizacións que contratan os nosos servizos teñen garantida a visibilidade dos seus logos e o recoñecemento do seu labor como entidades organizadoras, de modo que a actividade sexa adecuadamente difundida.

O equipo

  • Priscila Retamozo é a presentadora, directora de contidos e cocreadora do programa. É unha politóloga experta en igualdade de xénero, con ampla experiencia en proxectos que fomentan a igualdade. Desta maneira, a transversalización de xénero está garantida en todos os contidos.
  • Franco Tedesco Martiné o produtor, director e cocreador do programa Histérikas Histórikas.
  • Amara Pérez Davila, tamén conta cun máster en igualdade de xénero. A súa sección consiste en recomendacións literarias e contidos audiovisuais feministas, presentados con humor e frescura.
  • Lucia Salgueiro, artista e activista feminista, presenta a súa sección humorística “A raposa que todo o sabe” na que analiza o machismo cotián da nosa sociedade utilizando o humor como ferramenta de transformación.
  • David Martínez, sonidista especializado en streaming.
  • Hadrían Alcaráz, realizador do programa e apoio técnico.
  • Carmen Lorenzo fotografía, cámara e iluminación.

Formaciones e eventos

Desde este proxecto ofrecemos obradoiros de formación para a realización de vídeo-podcast con perspectiva de xénero, apoiando na creación de contidos feministas e orientando tecnicamente a produción de programas.

Tamén ofrecemos a realización de eventos con reportaxes a invitadas especiais e as seccións habituais do programa. Estes eventos contan coa opción de ser retransmitidos en directo e publicados.

Sigamos en contacto!

Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma os nosos proxectos. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Curso online de igualdad personalizado para organizaciones

Curso online de igualdad personalizado para organizaciones

Depósito feminista de palabras
Depósito feminista de palabras en una mesa al aire libre con libros y flores

Depósito feminista de palabras

Liderado feminino na Economía Azul: Asistencia WINBLUE

Liderado feminino na Economía Azul: Asistencia WINBLUE