Liderado feminino na Economía Azul: Asistencia WINBLUE 

O sector marítimo-pesqueiro, peza clave da economía azul en Galicia, segue a enfrontar importantes desafíos en torno á igualdade de xénero relacionados co liderado feminino e a participación das mulleres na toma de decisións.

O proxecto europeo WINBLUE nace co obxectivo de promover a igualdade de xénero na economía azul a través de iniciativas rexionais de impacto. Entre elas, destacan dous obradoiros participativos realizados en Vigo con mulleres do sector, que xeneraron resultados especialmente relevantes.

Dende Prisma, acompañamos este proceso como asistencia técnica especializada en igualdade de xénero. Facilitamos unha análise DAFO sobre a situación no sector galego, xerando espazos de diálogo estruturado entre representantes de diversos ámbitos (investigación, sector primario, tecido asociativo, empresarias e Administración). As propias participantes identificaron de forma colectiva barreiras, oportunidades, liñas de acción prioritarias e recomendacións prácticas, con resultados aplicables a políticas públicas ou plans de igualdade sectoriais.

Promover unha presenza equilibrada de mulleres e fortalecer o liderado feminino na economía azul mellora a toma de decisións e a xustiza social. Tamén favorece a innovación, a xestión sostible dos recursos e a resiliencia das organizacións fronte a retos como o cambio climático ou a transición ecolóxica.

A nosa metodoloxía participativa, baseada na escoita activa, a conexión de saberes e o achegamento de contexto sectorial e estrutura, é facilmente replicable noutros sectores masculinizados ou con segregación vertical.

Se buscas impulsar a igualdade e o liderado feminino no teu sector ou organización, falemos!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Depósito feminista de palabras
Depósito feminista de palabras en una mesa al aire libre con libros y flores

Depósito feminista de palabras

«Se todo é feminista, nada é feminista». Faladoiro dentro de Mover os marcos
Participantes en el conversatorio «Si todo es feminista, nada es feminista» en Santiago (2024) | Foto de Rocio

«Se todo é feminista, nada é feminista». Faladoiro dentro de Mover os marcos

Plan de igualdade para unha asociación de innovación
Plan de igualdad

Plan de igualdade para unha asociación de innovación