O buzón vermello, educación afectivo sexual é unha actividade dirixida a alumnado de secundaria e formación profesional. Neste obradoiro formativo reflexionamos conxuntamente sobre que entendemos por educación sexo-afectiva, respondendo ás preguntas do alumnado, baixo un enfoque feminista que fomente relacións igualitarias, especialmente as que se dan no ámbito afectivo sexual. Procurando o pracer sen perpetuar estereotipos machistas.
Coeducar en la sexualidad
A coeducación é unha proposta educativa que se basea no recoñecemento das potencialidades e individualidades de nenas, nenos e adolescentes, independientemente do seu sexo. No ámbito da sexualidade implica abordar a reciprocidade, o desexo mutuo e o consentimento activo como elementos imprescindibles nas relacións afectivo sexuais.
Socialización diferencial y educación sexual
Algúns elementos da socialización diferencial entre rapazas e rapaces poden abordarse a idades temperás, redundando non só nas relacións sexuais máis seguras no futuro, senon tamén previndo o abuso e o acoso sexual.
A socialización feminina pode impedir que as rapazas desenvolvan unha autoestima plena e aprendan a identificar con claridade os seus desexos e límites. O exercicio da asertividade, o autocoidado e unha autoestima e un autoconcepto positivos cara elas mesmas, redunda nas súas relacións afectivo sexuais.
Do mesmo xeito a socialización masculina pode implicar, según estudos recentes, un maior consumo de pornografía. Isto incide nas súas expectativas respecto ao sexo e nas dificultades para unha comunicación honesta, xerándoles inseguridades e frustración. A educación sexual baseada no diálogo e no fomento de relacións igualitarias permítelles desenvolver unha sexualidade equilibrada, coa empatía e o respecto aos límites como elementos consustanciales á sexualidade.
Formación con las familias
A complexidade e o entramado social que está detrás da perpetuación dos roles de xénero, así como a situación actual da denominada, por diversas autoras e autores, como a xeración “porno-nativa”, fai preciso un abordaxe integral das accións a acometer. Así, propomos que O buzón vermello, educación afectivo sexual, se acompañe de formación dirixida ás familias que reforce e enriqueza o traballo realizado coa xuventude nas aulas.
¡Sigamos en contacto!
Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!