Onda ODS é un proxecto mediático nacido no ano 2022 liderado e coordinado pola Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e Televisión (EMA-RTV) e desenvolvido de maneira conxunta pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA-Radiofusión), a Rede Estatal de Medios Comunitarios (ReMC), a Rede Catalá de Medios Locais (La Xarxa) e Radio Televisión Cardedeu (RTVC).
A Asociación de Emisoras Municipais Galegas contou con Prisma para garantir o obxectivo do proxecto: levar a cabo, desde o local, estratexias de comunicación que sensibilicen á cidadanía e fomenten a reflexión en torno aos retos marcados na Axenda 2030.
Campaña “Comeza por ti”
A nosa participación enmárcase dentro do proxecto titulado “Empeza por ti”. Prestamos apoio a EMUGA-Radiofusión no deseño de estratexias de comunicación en 3 municipios para que a cidadanía participe activamente na construción de novos imaxinarios adaptados ao contexto de cada localidade.
Seguindo unha metodoloxía innovadora, colaboramos na difusión dunha serie retos mensuais relacionados cos ODS e adaptados ao contexto local. Garantindo a transversalización de xénero á hora de definir e afrontar os retos sociais e medioambientais principais aos que nos enfrontamos.
Creación de espazos seguros
Prisma prestou asesoramiento técnico no deseño, execución e aplicación do enfoque de xénero nos procesos participativos co tecido asociativo de Corcubión, Cee e Fisterra.
A nosa participación incluíu a facilitación de procesos participativos con perspectiva de xénero, garantindo a creación de espazos seguros de traballo. Estes espazos (entendendo seguros como amables, de confianza, de comodidade, de confidencialidade…) esixen coidar cada detalle, investir tempo na planificación, pensar en instrumentos adecuados ás persoas que participan e non persoas a medida das ferramentas.
Buscamos eficacia e éxito na consecución dos resultados, pero traballamos tamén para dar voz a quen non ten as mesmas facilidades para falar ou expresarse que outras persoas, garantindo unha deliberación agradable.
Sigamos en contacto!
Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a consultoría. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!