Como todo plan de acción, os plans de igualdade baséanse nun proceso previo de diagnóstico que permite establecer obxectivos e deseñar medidas para alcanzarlos. A identificación dos puntos críticos ou áreas de mellora que garanticen a igualdade de oportunidades require dunha profunda especialización na materia.
Son, ademais, excelentes ferramentas que permiten abordar as desigualdades de xénero e actuar sobre o benestar das persoas traballadoras, axudar na toma de decisións, favorecer un mellor clima laboral e tamén atraer e potenciar a diversidade de talento.
Durante estes procesos, en Prisma mergullámonos nas organizacións para conocer a súa realidade, que non soamente son datos cuantitativos, senón tamén o intanxible, a cultura que «se respira». Con toda esta información elaboramos un documento diagnóstico e o futuro plan de igualdade con medidas que teñen sentido para a organización.
O noso obxectivo é que o plan de igualdade resultante sexa un instrumento operativo para a entidade. Para iso, poñemos especial atención no detalle das medidas e no deseño dos indicadores. Consideramos importante que, so longo de 3-4 años, a entidade conte con orientaciós sobre como executar e avaliar o plan.
A Asociación DIH DATAlife é unha entidade galega do ámbito tecnolóxico e da innovación. Trátase dun sector clave para a promoción da igualdade de xénero, polo que resultaba de gran interese deseñar un plan de igualdade de DIH DATAlife como entidade, mais tamén como potencial axente de cambio. Isto supuxo contemplar o deseño dalgunhas medidas específicas de fomento da igualdade no sector da I+D+i.
Deste modo, realizouse un proceso de elaboración do plan de igualdade seguindo os pasos e elaborando o contido en base á normativa estatal vixente, incluíndo o apoio na constitución e o seguimento da comisión negociadora. Ademais, incluíronse as directrices de Horizonte Europa en materia de plans de igualdade.
Por último, tamén se elaborou o protocolo de acoso da entidade, incluíndo os últimos requisitos normativos aprobados.
Sigamos en contacto!
Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a consultoría. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!