Programa Feminino Plural 

O programa “Femenino Plural” foi un proxecto integral que traballou de maneira transversal, a través de distintas áreas prioritarias, co obxectivo de acadar autonomía plena para as mulleres.

A autonomía entendida como “a capacidade das persoas para tomar decisións libres e informadas sobre as súas vidas, de forma que poidan ser e facer en función das súas propias aspiracións e desexos no contexto histórico que as fai posibles” (ONU, 2011).

Trátase dun factor fundamental para garantir o exercicio dos seus dereitos humanos nun contexto de plena igualdade. Neste sentido é tamén condición para a superación das inxustizas de xénero.

Itinerario formativo

Para acadar esta autonomía, este programa integral intensivo, estivo formado por un itinerario formativo. Estaba conformado de sete módulos, sete obradoiros específicos e titorías individuais. O equipo multidisciplinar impartiu os módulos deseñados. Os obradoiros, levados a cabo por profesionais expertas, profundizaron en aspectos presentados nos módulos. Por último, as titorías individuais en asesoría xurídica, psicolóxica e laboral foron levadas a cabo tamén polo equipo multidisciplinar.

Equipo multidisciplinar

O equipo do programa estivo formado de maneira permanente por unha xurista, unha psicóloga e dúas técnicas en orientación, intermediación e prospección laboral. Todas elas foron coordinadas por unha axente de igualdade, asegurando a aplicación da perspectiva de xénero na totalidade do programa. Tamén houbo coordinación co persoal de asuntos sociais do Concello de Tui, para asegurar o seguemento dos casos unha vez concluido o programa.

Coordinación, deseño e avaliación do programa

Deseñamos o itinerario formativo de 35 horas de formación integral intensiva. Ademáis, cada participante tivo titorías individuais de atención psicolóxica, atención xurídica e asesoramento na procura de emprego. Coordinamos esta actividade durante os tres meses da súa duración, impartimos algúns dos módulos de formación e levamos a cabo a avaliación e memoria deste programa que acadou a medio centenar de mulleres do Concello de Tui.

Medios de Comunicación

Para acadar os obxectivos definidos foi fundamental a presencia en medios de comunicación, que permitiu chegar ás mulleres en situación vulnerable do Concello de Tui. Prisma coordinou tamén a presencia en medios de prensa escrita. Asimesmo, semanalmente, participamos na Radio Municipal de Tui.

Compartimos esta entrevista sobre “Feminino Plural” na Radio Municipal de Tui onde unha das participantes fala do impacto das actividades na súa vida. O noso maior motivo de orgullo son as súas palabras.

Sigamos en contacto!

Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a consultoría. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Curso online de igualdad personalizado para organizaciones

Depósito feminista de palabras en una mesa al aire libre con libros y flores

Depósito feminista de palabras

Liderado feminino na Economía Azul: Asistencia WINBLUE