«Se todo é feminista, nada é feminista». Faladoiro dentro de Mover os marcos 

Se todo é feminista nada é feminista

Se todo é feminista nada é feminista foi o título do faladoiro que moderamos en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 2024. O feminismo non é só unha teoría; tamén é unha práctica viva que se activa cada vez que nos xuntamos para conversar, dubidar ou reformular o aprendido. Desde Prisma Igualdade cremos nos espazos onde o coñecemento se constrúe colectivamente, a partir de preguntas incómodas, vivencias compartidas e olladas diversas. Por iso, cando nos convidaron a participar en Mover os marcos, soubemos que era unha oportunidade para seguir ensanchando os límites do pensamento crítico desde unha perspectiva feminista.

Quen o organizou?

A xornada foi promovida pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Santiago e xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega. Celebráronse unha trintena de espazos de diálogo arredor de temas como a saúde mental, as ruralidades, a literatura ou a tecnoloxía.

Que fixemos?

Facilitamos o faladoiro Se todo é feminista nada é feminista, un espazo de reflexión colectiva pensado para favorecer o diálogo coa cidadanía a través de metodoloxías participativas. Os temas xurdiron de forma espontánea entre as persoas asistentes e abordaron cuestións como o activismo feminista, as resistencias sociais, a hipersexualización das mozas ou a invisibilización das mulleres no ámbito da mediciña. A conversa desenvolveuse nun ambiente seguro, horizontal e dinámico.

Que levamos connosco?

Para Prisma Igualdade, facilitar este tipo de encontros reforza o noso compromiso cunha pedagoxía feminista crítica, accesible e viva. Espazos coma este non só permiten xerar pensamento colectivo, senón tamén fortalecer redes entre xeracións, experiencias e territorios diversos. Porque cando nos damos tempo para conversar, reflexionar e dubidar en compañía, o feminismo faise máis claro, máis potente e, sobre todo, máis transformador.

Queres saber máis sobre como traballamos desde Prisma?

Visita a nosa área de servizos ou escríbenos con cualquera pregunta. Estaremos encantadas de escoitarte!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Depósito feminista de palabras
Depósito feminista de palabras en una mesa al aire libre con libros y flores

Depósito feminista de palabras

Liderado feminino na Economía Azul: Asistencia WINBLUE

Liderado feminino na Economía Azul: Asistencia WINBLUE

Plan de igualdade para unha asociación de innovación
Plan de igualdad

Plan de igualdade para unha asociación de innovación