Xincana da corresponsabilidade 

A xincana da corresponsabilidade é unha formación desenvolvida para mudar os estereotipos de xénero desde idades temperás. Tanto o sexismo como a igualdade apréndense desde a infancia. Actuar desde a educación infantil e primaria permite combater a discriminación e a estigmatización a través do ensino, da divulgación e a toma de conciencia dos estereotipos sobre ser muller ou ser home. Nesta etapa constrúese a mirada coa que veremos o mundo. A través de dinámicas lúdicas buscamos que interioricen a mirada crítica que desexamos para o seu presente e futuro.

Corresponsabilidade desde peques

A corresponsabilidade é o eixo das actividades que propomos nesta carreira de obstáculos. A través dela o alumnado toma conciencia da importancia e do valor das tarefas de coidados, imprescindibles para a nosa supervivencia e benestar. O xogo permítenos adquirir roles e cristalizar se temos interiorizado o bo trato á hora de relacionarnos coas demais persoas. Ao acabar a yincana ábrese o momento de reflexionar sobre todo iso. Extraemos conclusións conxuntamente e comparámolas coas cifras reais da nosa sociedade e as nosas observacións diarias. Deste modo xeramos un marco teórico a partir do coñecemento experiencial do grupo.

Pautas de dinamismo e aprendizaxe cooperativo

Durante a xincana da corresponsabilidade o alumnado vai pasando por varias estacións onde imos propoñendo retos colectivos. A través dunha serie de pautas de dinamismo e aprendizaxe cooperativo as facilitadoras acompañamos ás nenas e aos nenos a través de distintos escenarios da vida adulta:

 

  • Unha compra familiar
  • O coidado dun bebé
  • Unha cita médica
  • Unha comida familiar
  • A preparación dunha xornada escolar

 

Desta maneira, acompañámoslles potenciando a súa autonomía e reforzamos a súa autoestima. Tamén visibilizamos o traballo de coidados e promovemos a corresponsabilidade. Fomentamos o bo trato, estando atentas ao tipo de comunicación que se desenvolve dentro dos equipos. Combatemos estereotipos de xénero e actitudes sexistas visibilizando a ausencia de corresponsabilidade nalgúns fogares e propoñendo solucións como axentes de cambio.

Sigamos en contacto!

Lembra que na nosa área de servizos podes atopar máis detalles sobre como concebimos desde Prisma a formación. Non dubides en escribirnos con calquera pregunta!

Queres realizar un proxecto similar?

Contacta e orientámosche

Bota unha ollada a proxectos similares

Arquipélago da Igualdade

#Acabouse, campaña local do 25N

Histérikas Histórikas

Histérikas Histórikas