Consultoría
Entendemos a consultoría como un proceso no que traballamos man a man, facendo equipa coa túa entidade: coñecémonos, escoitamos as vosas necesidades e ideas, e ofrecemos solucións adecuadas significativas e necesarias. Transformamos esta valiosa información en:
+ O noso ingrediente «non segredo» é saber que as organizacións se nutren cando integran a igualdade en todos os seus espazos
Deseño, coordinación e avaliación de proxectos de igualdade.
Asesoramento: comunicación, distintivos ou perspectiva de xénero.
Facilitación de procesos participativos.
Medidas de conciliación e protocolos de acoso.
Informes, estudos e cooperación internacional.
Diagnósticos, estratexias e plans de igualdade.
Os nosos plans de igualdade buscan ir máis aló da normativa; desenvolvémolos como unha ferramenta de transformación da cultura corporativa.
Formación
Os nosos proxectos formativos achegan a igualdade ás organizacións, comunidade educativa e cidadanía.
Desenvolvemos contidos de base académica onde a teoría está ao servizo das persoas cun método de aprendizaxe que fomenta a aplicación práctica e a reflexión.
Deseñamos e impartimos presentacións, cursos e obradoiros sobre:
+ O noso ingrediente "non segredo" é que dásenos estupendamente facer formacións amenas e claras.
Igualdade de oportunidades na empresa: normativa, cultura corporativa e comunicación.
Transversalización da perspectiva de xénero.
Violencia de xénero.
Coeducación.
Estereotipos e educación afectivo-sexual.
Historia e teoría feminista.
Laboratorio
O noso laboratorio é un espazo de experimentación no que ensaiamos formatos e metodoloxías innovadoras.
Deste xeito, creamos e promovemos proxectos moi diversos que queremos facer realidade, uníndonos a organizacións cómplices.
Algunhas iniciativas destacadas abordan:
+ Os nosos ingredientes "non segredos" son a curiosidade e a dedicación, por iso sempre temos en mente novos proxectos
Metodoloxías innovadoras en educación para a igualdade.
Difusión de referentes de actualidade, cultura e igualdade.
Proba de proxectos piloto con organizacións que buscan algo novo.
Espazos de encontro e reflexión.
Se tes algunha idea que che pareza un pouco utópica, coméntanos e seguro que lle daremos forma 😉